Carlos Ferreiro, Viana do Bolo. Nesta mañá do 14 de decembro, recibimos no IES Carlos Casares a visita de varias técnicas do Instituto Galego de Consumo que viñeron a desenvolver o Programa InfoconsumoNadal. Esther Álvarez, Directora da Escola Galega de Consumo aproveitou para planificar actividades futuras co noso centro; mentres, Vanessa Alvite, Patricia Rey e Asun Piñeiro traballaron durante dúas horas con todo o alumnado da ESO para concierciarnos da importancia de saber escoller nestas datas marcadas polo consumismo desaforado.
O obradoiro organizado para 1º e 2º da ESO titulouse “O uso axeitado dos videoxogos”, e incidiu nos aspectos de buscar unha selección lóxica de contidos, un reparto de horas de xogo racional, e as ventaxas e tamén inconvintes de este instrumento de ocio.
Posteriormente, o alumnado de 3º e 4º de ESO escoitou a charla denominada “As compras responsables en Nadal”, na que se resaltou o feito de non comprar ao chou, entender as diferenzas entre rebaixas e saldos e os dereitos que como usuarios temos nos métodos de pago, devolucións, etc. Esta mesma charla foi impartida a familias e profesorado en sesión de dúas horas pola tarde. Alí se destacou a importancia de diferenciar que é ou non é un xoguete, ou as normas de etiquetaxe e información axeitada dos mesmso.
De novo, temos que agradecer a disposición dos técnicos do IGC e a Escola Galega de Consumo, que realizan o esforzo de trasladarse desde Compostela, nun traballo con nós que cumple xa dez anos.
Link á noticia en La Región

Moi bo post.
ResponderEliminar