mércores, 29 de febreiro de 2012

Candea Bisiesta

Carlos Ferreiro. Compañeiras e compañeiros, e membros da Comunidade Educativa. Hoxe abrimos O Choupín cunha nova alegre, e moi agardada. Candea, a filla de o noso Ovidio e Laura, acaba de chegar ao mundo, e nun día bisiesto! As prediccións científicas, e outras pseudo-científicas como as das lúas, confluiron, e con total puntualidade, sobre a 1 da mañá, e con 3, 200 Kg. de peso. Tanto nai como filla se atopan perfectamente, aínda que cansos tras un longo parto, e a voz de Ovidio delataba unha fermosa mestura de cansanzo e emoción. Noraboa aos tres e todo o cariño do IES Carlos Casares.

5 comentarios:

  1. Moitos parabéns!!!
    vaia sorte nacer o 29 de Febreiro... condedéuselle o don da eterna xuventude!!

    ResponderEliminar
  2. Confluiron naquela noite a lúa, Venus e Xúpiter. Sen dúbida era porque nacía unha estrela.
    Con agarimo.
    Plácido e tódolos membros do departamento de Orientación (en espera de nomeala filla predilecta).

    ResponderEliminar
  3. Jose e alumnos de 2 Bach02/03/12, 11:34

    Os alumnos de 2 Bach, e Jose, felicítante por ter collido esta Candea coa cucharilla SAR do 1.

    P.D. Carlos, recordamosche que o Peso, unidade de forza, mídese en Newtons, e masa, unidade fundamental do SI mídese en kilogramos XD

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Con persoas coma vós preto será fácil comezar esta nova andaina. Moitas grazas polo cariño e os bos ánimos.

    ResponderEliminar
  5. Noraboa!!!! Así me gusta!

    ResponderEliminar