Luis Fernández. O Día Internacional da Muller, o 8 de marzo de 2012, estivo marcado claramente polo debate no IES Carlos Casares de Viana do Bolo. Hoxe, desde primeira hora, todo o profesorado e o persoal do instituto dirixiuse ao alumnado en feminino. Tamén os letreiros das portas eran diferentes, Sala de Profesoras, Sala de recepción das nais, directora, xefa de estudos, en definitiva, o masculino xenérico, por un día, foi substituído polo feminino xenérico. Algún alumno dixo na aula “Ei profe, eu non son todas”, se cadra por non sentirse incluído no termo en feminino.
Tamén foi un día de cambio de espazos. Hoxe a cancha, a mesa de ping -pong, os ordenadores da biblioteca, a mesa de xadrez, foron ocupados por mulleres, os alumnos e profesores, só ocuparon o resto do espazos.
Logo do segundo recreo, a profesora de Filosofía do centro, Susana Fernández, lembrounos porque se celebra o Día da Muller e porque nesa data. Plácido, o orientador, animou a toda a comunidade a traballar no “Gran Mural”. Cada grupo e cada sector debía trasladar a súa inquietude, a súa idea, a súa protesta a unha cartolina branca. O primeiro grupo, o alumnado de PROA, sobre o rostro dunha muller foi marcando coas marcas vermellas das súas mans, as lembranzas de frases que acosaron as mulleres desde hai centros de anos ate, lamentablemente, poucas décadas. Despois pasaron polo mural todos os grupos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional, os e as docentes, o persoal non docente e as familias. Toda a comunidade se reuniu en defensa da metade da poboación mundial, as mulleres.
As actividades partiron do grupo de traballo de formación do profesorado que, coa colaboración da ONG InteRed, se está a desenvolver no instituto. Ao grupo uniuse todo o profesorado e o persoal non docente do centro. Todos e todas esperamos que sirva de algo.
Enlaces á prensa :
Como me gustaría ter estado con vós. Este ano poido compartir algo que non podía o ano pasado: non hai coma estar cunha futura nai no parto para saber o que é a tenrura, o valor, a resistencia, o amor... e mil cousas máis. Estamos a anos luz!
ResponderEliminarQue fermoso é ver o que facedes no centro!, o feminino xeral!, encántame, continuade traballando así co@s rapaz@s que sodes un exemplo.
ResponderEliminarOvidio, moitos abrazos para ti, Laura e Candea, e noraboa!