Carmen con nenos e nenas de 0 a 3 anos |
Emotivo acto o celebrado hoxe en Viana do Bolo pola Campaña Mundial pola Educación, no que unha educadora da Fundación Preescolar na casa, xunto con varios alumnos e alumnas de secundaria, amosaron aos seus compañeiros e compañeiras do IES o traballo que desde a Fundación vense facendo con nenos, nenas e familias do rural galego.
A través de distintas actividades de educación emocional e psicoloxía do desenvolvemento, os educadores, pais e nais escenificaron unha das súas habituais sesións ante a atenta mirada do alumnado de Bacharelatodo do instituto. A experiencia serviu para reflexionar sobre a importancia da educación temperá no desenvolvemento persoal e para facer fincapé no dereito á educación e á atención na primeira infancia (AEPI), unha etapa que abrangue dende os 0 aos 6 anos á que a Campaña Mundial pola Educación orienta este ano os seus esforzos.
Posteriormente os alumnos do IES, que traballaron a Campaña con anterioridade, uníronse á mesma aportando as súas fotos e pensamentos sobre a importancia da educación nos primeiros anos.
Ana García, que sempre se encargou da organización dos actos da CME en Viana do Bolo, estivo presente a través dunha carta moi agarimosa que nos contaba que nacera Diego, o seu fillo, que xa leva varias semanas nos pasos da educación temperá. Son, xunto a Candea, as dúas novas e queridas incorporacións a nosa comunidade educativa do IES Carlos Casares, xusto neste ano en que quixemos afondar na importancia desa primeira educación no seo da familia.
Para finalizar, na quenda das peticións, unha alumna do IES Carlos Casares leu o manifesto, que podemos resumir en:
- Traballar para asegurar o dereito á educación para todos e todas as nenas e nenos do mundo.
- Dar importancia á atención e educación dos nenos e nenas máis pequenos.
- Loitar contra a pobreza, fortalecendo o compromiso coa Axuda ao Desenvolvemento que se dedica a Educación.
Por último, Luis Fernández, Director do Centro, incidiu na idea de que, precisamente nun momento de recortes en educación pública en España, permítenos entender mellor as necesidades de moitos millóns de persoas en paises do Sur, que levan con ”recortes estructurais permamenentes” o seu dereito a unha educación de unha mínima calidade. É unha necesidade e unha demanda de todos e todas, recibir unha educación temperá de calidade, para partir en igualdade de condicións, sexamos de Nueva Yorke, Viana do Bolo, Bolivia ou calquera lugar do planeta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario