A pomba da paz, que veu dende Chaves |
Susana Fernández | No ano 1955 nacía en Viana do Bolo Xesús R. Jares. Mestre, pedagogo, referente indiscutible dos movementos de renovación pedagóxica, amigo ao que sempre agradeceremos a colaboración na formación do equipo de mediación do IES Carlos Casares. Incansable impulsor da necesidade de difundir a cultura de paz e o compromiso coa mesma por parte dos centros educativos, foi fundador do grupo de Educadores e Educadoras pola Paz de Nova Escola Galega e organizador habitual dos Encontros Galego-Portugueses de educadoras/es pola Paz.
O último destes encontros tivo lugar a última semana de abril na localidade portuguesa de Chaves. O seu acto final, como noutras ocasións, consistiu en soltar una pomba como mensaxeira de paz. Dous xoves, Lorena e Roberto, puideron vela e seguir a súa marcha no ceo ata caer na localidade de Bembibre. Seguindo as instrucións que portaba levárona a un centro educativo, o CEIP Bibei, que a quixo compartir con nós. Suso deixounos o 27 de setembro de 2008 pero o seu legado segue vivo, o seu alento segue e seguirá sempre entre nós.
Link na prensa (La Región)

Ningún comentario:
Publicar un comentario