Nesta mañá do sábado 7 de xullo,
Carlos Ferreiro, Vicedirector do IES Carlos Casares participou como
ponente na cidade de Barcelona, no marco das Xornadas de Intercambio
de Experiencias Incorporación da Educación para o Desenvolvemento
na Educación Formal. O título da experiencia relatada por Carlos
foi “Consumiendo en un mundo desigual”, no que se presentou a
Unidade Didáctica elaborada por profesorado do noso centro, da U.E.
Timoteo Rondales de Bermejo, e do Instituto Bilingüe Rosalía de
Castro, de Moscú, co apoio da Escola Galega de Consumo.
Incidiuse no
aspecto de que a Educación para a Solidariedade, a Cooperación e o
Consumo Responsable deben xurdir cunha vocación práctica e
vivencial co alumnado, e non quedar nunha mensaxe teórica. Lembramos
que a unidade didáctica pretende lograr a reflexión sobre os
múltiples mundos que existen no planeta, e como cara a unha idea de
cidadanía global, temos que considerar que a solución dos problemas
de calquera parte do mundo incumben a tódolos demais. Ademáis, foi
moi recoñecido polos asistentes a vocación de “Consumiendo en un
mundo desigual” de converterse nun instrumento que busca a
educación por competencias, por encima da escravitude dos contidos
curriculares formais. Foron tres días de compañerismo, sesións
intensas e aprendizaxe na cidade condal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario