O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

sábado, 4 de agosto de 2012

O IES Carlos Casares finalista no Premio á Acción Maxistral

O IES Carlos Casares de Viana do Bolo acaba de ser seleccionado coma finalista da Comunidade Autónoma de Galicia para o Premio de Acción Magistral 2012, polo proxecto ?A participación cidadá, enerxía para unha senda?.


O premio acción maxistral é convocado anualmente pola Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD) e pola Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO, coa participación da Fundación BBVA e outras entidades, entre elas, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación. O obxectivo do certame e recoñecer accións favorecedoras de valores prosociales de solidariedade, xustiza e igualdade, prevención de condutas de risco, como a drogadicción, o racismo ou a xenofobia e as accións que relacionan a escola coa sociedade.

O proxecto do IES Carlos Casares parte dun concepto amplo de convivencia, que inclúe a mediación, o voluntariado e a implicación no desenvolvemento co proxecto de cooperación en Bolivia. Procura a participación activa do alumnado nos procesos e plantexa un tratamento curricular da participación, desde Educación para a Cidadanía de 2º de ESO, en que o alumnado deseñe, desenvolva e avalie algún tipo de intervención social antes de abandonar a escola obrigatoria. Para esta liña novedoda, trabállase en colaboración cos servizos sociais do Concello de Viana do Bolo.

En setembro o IES Carlos Casares entra na fase final. En caso de gañar o centro e o profesorado contará con 12000 Euros para seguir traballando na mesma liña. As candidaturas presentadas ao premio en España son 421.

http://premio.fad.es/

Prensa:

"La conciencia social tiene premio", Faro de Vigo, (02/08/2012)
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/08/02/conciencia-social-premio/670831.html?utm_source=rss


"O IES de Viana finalista dun premio contra o racismo", La Región, (04/08/2012)

http://www.laregion.es/noticia/218969/viana/finalista/premio/previr/racismo/

Ningún comentario:

Publicar un comentario