O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

mércores, 26 de setembro de 2012

Unha boa nova para a nosa Biblioteca

Carlos Ferreiro | En resolución publicada no día de hoxe no DOG, a Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria ven de conceder un ano máis unha subvención pola cuantía de 1.800 € ao noso centro para a daquisición de fondos e material de Biblioteca, ao abeiro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).




O grupo de Biblioteca, coordinado polo profesor Federico Méndez, afronta neste curso un novo reto, que é o de introducir o cine nas actividades de Biblioteca e de Aula. Ademais, pretendemos que neste curso, se profundice na conexión entre Biblioteca Escolar, Clube de Lectura e Grupo de Teatro, estes dous últimos coordinados pola profesora Mª Carmen Varela. A aposta pola Biblioteca no noso centro é unha das magnificas sementes que deixou o noso director Luis Fernández, que estimulou a un grupo de profesorado para que fose un centro de referencia na vida do Instituto. O traballo de Bieito e Federico como coordinadores, de todo o profesorado colaborador, seguirá pois a dar os seus froitos, e sobre todo, seguirá a abrir a lectura e a cultura en xeral á comunidade escolar, familias e a toda a cidadanía de Viana e bisbarra. Noraboa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario