O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 5 de outubro de 2012

Avaliación cero

Ovidio Villar | Un ano máis, levouse a cabo no IES Carlos Casares de Viana do Bolo a avaliación inicial de competencias. Todo o alumnado da ESO realizou as probas de avaliación deseñadas especificamente para as competencias lingüística, matemática, de interacción co mundo físico, tratamento da información e dixital e social e cidadá. Como en anos anteriores, na avaliación de 1º da ESO estivo non só o profesorado do Carlos Casares, senón tamén dos centros de primaria adscritos, neste caso o CEIP Bibei de Viana do Bolo e o CEIP San Martiño de Vilariño de Conso. Esta é unha excelente maneira de reflectir que a educación é un proceso contínuo, e non un cúmulo de etapas illadas.

Un instante da avaliación de 1º da ESO (J. Fouz)

Ningún comentario:

Publicar un comentario