Onte, 14 de xaneiro, o noso centro puido compartir experiencias cun
Grupo de Traballo formado por unha ducia de compañeiras e compañeiros do
IES Alfonso X O Sabio de Cambre (A Coruña). Susana Fernández e Carlos
Ferreiro, en representación do Equipo de Convivencia e Mediación do IES Carlos Casares de Viana do Bolo,
impartiron unha sesión formativa no centro coruñés, no que acabou por
ser unha valoración xeral de diferentes xeitos de artellar a Mediación
dentro dun centro educativo. O IES Alfonso X O Sabio acumula xa uns sete
anos de bagaxe nestas actividades, e ademais recibiu formación nesa
temática de mans dos nosos mestres do IES de La Robla (León). Resultou
unha tarde tremendamente enriquecedora, nun clima relaxado, agradable,
no que coincidimos na necesidade de apostar polo diálogo e a resolución
negociada de conflictos, por riba da aplicación estricta dos
regulamentos.
Profesorado do Alfonso X e do Carlos Casares |
Ningún comentario:
Publicar un comentario