Ovidio V. | Raquel López Rodríguez, cociñeira do IES Carlos Casares, e Antonio Jiménez Vargas, alumno de 4ºA, esán levando a cabo a recollida no IES Carlos Casares de tapóns de plástico cun fin solidario: poder reconstruir a man esquerda de Uxía, unha nena de once meses que naceu sen ese membro. Esta recollida vén a unirse á iniciativa levada a cabo dende hai tempo por www.todosconuxia.com. Xa sabedes, cando xuntedes uns cantos tapóns de plástico na vosa casa, directamente ao contenedor que está ubicado na entrada principal do IES Carlos Casares. Todos con Uxía!
De interese:
Web coordinadora
Lugares de recollida de tapóns
Ningún comentario:
Publicar un comentario