David P. | Pero non vos asustedes, non se trata do cuadrúpedo da familia dos cabalos senón do peixe cebra (Danio rerio). Dende
o pasado venres temos, no laboratorio de Bioloxía, un acuario cunha
ducia destes peixes tropicais. O motivo é que o noso instituto, xunto
con outros 20 centros de toda Galicia, está a participar no programa "Una cebra en el agua", desenvolvido polo grupo Acuigen do Departamento de Xenética da USC (Campus de Lugo). Alumnos de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato encargaranse, durante os próximos meses, do coidado destes organismos modelo, e tratarán de realizar cruzamentos e analizarán os resultados.
Nos
vindeiros días aproveitaremos para levar a todos os grupos ao
laboratorio, e así coñecer algo máis destes peixiños. O resto da
comunidade educativa estades invitados a facerlles unha visita cando
gustedes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario