mércores, 30 de xaneiro de 2013

Asinados os Contratos-Programa

Na mañá de hoxe, 30 de xaneiro, o IES Carlos Casares, representado polo seu director Carlos Ferreiro, asinou en Ourense o convenio dos Contratos-Programa para este curso 2012-2013. O Acto tivo lugar no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, e contou coa presenza do Conselleiro de Cultura, Educación e O.U. Xesús Vázquez Abad e da Xefa Territorial, Mercedes Gallego. Nas súas palabras o Conselleiro agradeceu o esforzo das comunidades educativas en tempos difíciles e salientou o mérito de 9 dos 35 centros ourensáns incorporados ao Programa que actúan en dúas liñas diferentes. É o noso caso, co PROA, que conta con 10 alumnas e alumnos, adicado ao reforzo para alumnado con necesidades educativas especiais, e o "Quero Máis" que busca a excelencia académica nun grupo que contará con 15 participantes.


Dende o Equipo Directivo do centro, que coordinou a selección do alumnado conxuntamente co Departamento de Orientación, debemos agradecer especialmente a colaboración voluntaria do profesorado do "Quero Máis", que este ano ademáis aumentou o número de docentes, chegando a 8, destacando entre eles a presenza nunha das sesións de Luis Fernández, o noso antigo director, que impartirá o 3 de abril un módulo sobre "Como plantexar un proceso de investigación científica?" Agardemos que a avaloración do alumnado do Programa sexa positiva.

1 comentario:

  1. Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!

    Giaonhan247 chuyên dịch vụ chuyên dịch vụ mua hàng trên Amazon ship về Việt Nam uy tín, dịch vụ ebay vn nhanh chóng và dịch vụ order hàng Mỹ uy tín.

    ResponderEliminar