Na mañá de hoxe, 30 de xaneiro, o IES Carlos Casares,
representado polo seu director Carlos Ferreiro, asinou en Ourense o convenio dos
Contratos-Programa para este curso 2012-2013. O Acto tivo lugar no
Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, e contou coa presenza do
Conselleiro de Cultura, Educación e O.U. Xesús Vázquez Abad e da Xefa
Territorial, Mercedes Gallego. Nas súas palabras o Conselleiro agradeceu
o esforzo das comunidades educativas en tempos difíciles e salientou o
mérito de 9 dos 35 centros ourensáns incorporados ao Programa que
actúan en dúas liñas diferentes. É o noso caso, co PROA, que conta con
10 alumnas e alumnos, adicado ao reforzo para alumnado con necesidades
educativas especiais, e o "Quero Máis" que busca a excelencia académica
nun grupo que contará con 15 participantes.
Dende o Equipo Directivo do
centro, que coordinou a selección do alumnado conxuntamente co
Departamento de Orientación, debemos agradecer especialmente a
colaboración voluntaria do profesorado do "Quero Máis", que este ano
ademáis aumentou o número de docentes, chegando a 8, destacando entre
eles a presenza nunha das sesións de Luis Fernández, o noso antigo
director, que impartirá o 3 de abril un módulo sobre "Como plantexar un
proceso de investigación científica?" Agardemos que a avaloración do
alumnado do Programa sexa positiva.
Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!
ResponderEliminarGiaonhan247 chuyên dịch vụ chuyên dịch vụ mua hàng trên Amazon ship về Việt Nam uy tín, dịch vụ ebay vn nhanh chóng và dịch vụ order hàng Mỹ uy tín.