O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

domingo, 10 de febreiro de 2013

Roteiros literarios

Nuria B. | A verdade é que Celanova é unha vila fermosa, non unha fermosura desas que ves, te olvidas e xa, senón daquelas que cando ves aínda que sexa un minuto te quedas recordando para sempre. A saída a Celanova e Ourense foi moi productiva para ampliar os nosos coñecementos; non soamente aprendemos cousas sobre autores e sobre o libro "A Esmorga" senón tamén cousas curiosas que lle aconteceron ás Burgas cando ocorreu o terremoto de Lisboa; o guía contounos que cando tivo lugar ese terremoto durante uns días deixou de saír auga da fonte, e para estudar o que acontecera nas Burgas viñeron científicos de todos os lugares.


O grupo en Ourense


Pola mañá en Ourense, tivemos o roteiro da Esmorga, un libro do escritor Eduardo Blanco Amor, vivimos o libro e estivemos por todas as zonas nas que se ambientaban os persoaxes. Mentres estabamos no roteiro da Esmorga visitamos un Belén moi grande, con todas as representacións dos pastores, dos nenos, etc., un belén moi detallista na miña opinión. Cando rematamos o roteiro da Esmorga tivemos un tempo libre que aproveitamos para comer e coñecer máis Ourense. Pola tarde fomos a Celanova, onde visitamos a casa dos poetas, ampliamos os nosos coñecementos sobre os poetas "Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro".


Unha biblioteca ben fermosa

En Celanova lemos algúns poemas destes autores, visitamos o mosteiro e o instituto de Celanova, que está dentro do mosteiro, unha parte deste é o instituto, pero non é un instituto calquera, é un instituto como se fora de película, misterioso. O mosteiro de Celanova un lugar precioso, moi ben coidado, peculiar, etc. A todo o mundo que poida,  recoméndolle que pase por Celanova, coñecerá os seus encantos. Nós tivemos a sorte de ir de alí co instituto, unha sorte da que non todos gozan.

Galería completa de imaxes

1 comentario:

  1. Gracias, Nuria, polo artigo e por todo o que nos tes dado como alumna e como persoa

    ResponderEliminar