O pasado venres 22 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela o acto de entrega dos premios para alumnado da ESO como recoñecemento ao esforzo e á superación persoal e ao rendemento académico excepcional, e do XIII Concurso Hispanoamericano de Ortografía. Nun acto presidido polo Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, entregáronse vinte, vinte e dous galardóns respectivamente en cada categoría.
Brais, co seu diploma |
Este recoñecemento vén a se unir aos que no seu momento recibiron Estrella, Jénifer ou Iván, e a quen enviamos un agarimoso saúdo.
Dende esta revista, que é a túa, parabéns, Brais.
A miña felicitación máis sinceira, como non, Brais. Como xa che dixen hai pouco tempo, ás veces botamos en falta ese estado de ánimo tan optimista e agradable.
ResponderEliminarTamén quero felicitar a Antía, do IES Anxel Fole de Lugo, que recolleu o seu premio neste acto, acompañada de Marisa Otero, profesora do IES lucense. A través dela gustaríame enviar unha aperta grande a toda esa comunidade educativa, coa que tiven a sorte de convivir uns cantos anos e a quen recordo con cariño.
Felicidades a Brais, un dos millores alumnos e persoas que tiven ocasión de coñecer e, seguramente, terei. Pero o camiño acaba de comezar. Moita sorte no futuro e sempre para adiante.
ResponderEliminarMoitas gracias a todos/as, unha vez mais por esas felicitacions gracias a toda a comunidade educativa, a xente mais a chegada a min, e gracias tamen aos que nos sigen neste Blog.
ResponderEliminar