O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 28 de marzo de 2013

Un exemplo a seguir

O pasado venres 22 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela o acto de entrega dos premios para alumnado da ESO como recoñecemento ao esforzo e á superación persoal e ao rendemento académico excepcional, e do XIII Concurso Hispanoamericano de Ortografía. Nun acto presidido polo Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, entregáronse vinte, vinte e dous galardóns respectivamente en cada categoría.

Brais, co seu diploma
Na primeira delas, e xunto a outros dezanove compañeiros e compañeiras doutros centros galegos, resultou premiado Brais Seoane Villasante, alumno que cursou a ESO no IES Carlos Casares. Acompañado pola súa nai Mari, o seu pai Manolo, o Director e os seus profesores de ámbito no IES vianés, Brais recolleu o seu merecido premio a unha exemplar traxectoria.

Este recoñecemento vén a se unir aos que no seu momento recibiron Estrella, Jénifer ou Iván, e a quen enviamos un agarimoso saúdo.

Dende esta revista, que é a túa, parabéns, Brais.

3 comentarios:

  1. A miña felicitación máis sinceira, como non, Brais. Como xa che dixen hai pouco tempo, ás veces botamos en falta ese estado de ánimo tan optimista e agradable.

    Tamén quero felicitar a Antía, do IES Anxel Fole de Lugo, que recolleu o seu premio neste acto, acompañada de Marisa Otero, profesora do IES lucense. A través dela gustaríame enviar unha aperta grande a toda esa comunidade educativa, coa que tiven a sorte de convivir uns cantos anos e a quen recordo con cariño.

    ResponderEliminar
  2. Felicidades a Brais, un dos millores alumnos e persoas que tiven ocasión de coñecer e, seguramente, terei. Pero o camiño acaba de comezar. Moita sorte no futuro e sempre para adiante.

    ResponderEliminar
  3. Moitas gracias a todos/as, unha vez mais por esas felicitacions gracias a toda a comunidade educativa, a xente mais a chegada a min, e gracias tamen aos que nos sigen neste Blog.

    ResponderEliminar