Na xornada de hoxe, 21 de marzo, o IES Carlos Casares tivo a honra de
estar representado na reunión do Consello Galego do Voluntariado, na que
se aprobou o Proxecto que regula o Rexistro de Acción Voluntaria de
Galicia. Coa presenza do director Carlos Ferreiro, en representación de
toda a comunidade educativa, o noso centro é a voz que aglutina aos 6
institutos de secundaria da nosa comunidade que realizan accións de
voluntariado, como centro pioneiro. Nos prolegómenos da reunión,
recibimos o saúdo do Director Xeral de Voluntariado, Ovidio Rodeiro,
louvando o traballo das voluntarias e voluntarios no centro e
ofrecéndonos toda a colaboración necesaria para as nosas actividades e
accións formativas ao respecto. Agardemos que sexa un acicate para que a
solidariedade e a cooperación crezan na nosa contorna.
Ningún comentario:
Publicar un comentario