Miguel A. - Ovidio V. | O pasado 19 de marzo, un grupo de alumnado de 1º e 4º de ESO viaxou a Cerceda e á Coruña para ver, respectivamente, as instalacións de SOGAMA e dous proxectos medioambientais: un de compostaxe e outro de depuración de augas. Esta viaxe, agasallo do CEIDA, realizouse no marco do Congreso Escolar Re-Acción, organizado pola entidade coruñesa e para o cal o alumnado de 4º A elaborou un proxecto de reciclaxe, que expoñerán nas instalacións do Castelo de Santa Cruz o 23 de abril.
Na visita a SOGAMA, puidemos comprobar o camiño que seguen as nosas bolsas amarelas e negras. En canto aos envases, éstes son clasificados para enviar a plantas de reciclaxe. A bolsa negra, orgánicos, tritúrase e sécase para producir o CDR, combustible derivado de resíduos, que se queima para, á súa vez, producir electricidade. Desta queima despréndense dous novos resíduos: escouras, que son restos que non arden, como pode ser o metal ou o vidro, e cinzas, bastante perigosas e que convén almacenar en lugar seguro. Unha aperta a Luis e a Cristina, que nos acompañaron durante a visita, atendendo a todas as nosas dúbidas.
En todo momento dende a nosa chegada a Cerceda nos acompañou Rebeca Vázquez, do CEIDA, quen recentemente estivo en Viana do Bolo para coñecer de primeira man o noso proxecto de divulgación, e a quen agradecemos ambas visitas.
Xa nas instalacións da UDC, uniuse ao grupo Rubén, estudiante de 4º de Bioloxía, que nos explicou dous dos programas de investigación da universidade: un compostador que rebaixa o tempo de formación do compost non maduro de varios meses a unha semana, e un sistema de depuración de auga mediante balsas con grava e plantas de humidal, capaz de obter, a partir de augas residuais, unha pureza do líquido elemento do 90%.
En resume, unha viaxe xenial que sen dúbida repetiremos.
Paga a pena acercarse a todo o que teña que ver coa defensa do medio ambiente e repetir. Felicidades ao grupo de profes e alumnos.
ResponderEliminar