José P. | Na actualidade empregamos a madeira nas nosa vidas dándolle un certo uso, mais en xeral de maneira limitada. Pero, sabemos cómo se empregaba antes? Coñecemos os oficios das persoas que traballaban a madeira antigamente? Somos conscientes da importancia que tiña a materia tecnoloxicamente –como fonte de enerxía, para produtos de uso doméstico e para aparellos tecnolóxicos- non hai tanto?
Carro de madeira (traballo de Axel Villasante) |
Estas preguntas, que xurdiron na aula de 2º de ESO A en clase de tecnoloxía, xeraron unha inquedanza que cristalizou nunha serie de traballos sobre o uso da madeira no pasado como material tecnolóxico na nosa bisbarra. Como alternativa, realizáronse redaccións sobre a relación da foresta co cambio climático. Ao tempo que se tratan todas as competencias básicas, preténdese seguir vencellando ao alumnado ao seu contorno, tradicións e pasado como maneira de ter un sustento desde o que abrir as portas a realidades distintas desde hoxe e no futuro. Tamén se traballou o bosque e o medioambiente como fonte de riqueza, de emprego e de sostibilidade local e global. Dende o Departamento de Tecnoloxía esperamos que os debates e exposicións feitas en clase sobre os incendios, o cambio climático e a importancia das árbores sirvan unicamente para promover mentes abertas e ansias de saber máis. Sería estupendo que no futuro esto desembocara en persoas comprometidas coa nosa terra e tradicións e co medioambiente, co respeto a outras realidades e con espítitu de colaboración e solidariedade para encarar os retos do futuro.
Pero déixovos cos protagonistas: os alumnos que, voluntariamente, quixeron ver publicados os seus traballos na nosa Revista O Choupín: Hugo Barros, Juan Bembibre, Adrián Carracedo, Daniel Fernández, Lara García, Sergio García, Iago Macía, Borja Monteagudo, Brais Pérez, Miguel Pérez, Denis Pérez, Laura Rodríguez, Alba Rodríguez, Axel Villasante e Lisa Wang. Felicito tamén ao resto de traballos de 2ºA que non foron presentados para a revista. Espero que disfrutedes destas obras e que aprendades ou lembredes (quizais os maiores) da tamoncela e do estadullo, xugo e engazo, raseira e llerga, brosa e negrillo, vime e devouca, chavella e apladoiro, ladreais e treitoiras, padrairos e servais. Se vos fixades, en moitos casos (e así pedíullelo o profesor para facer o traballo) aparece na bibliografía “meu avó”, “xente do pobo (da vila)”, “xente maior”, “meu pai ou miña nai”. Vexamos pois, o que os rapaces de Viana, A Veiga e Vilariño nos contan, coa axuda dos seus maiores, das árbores e da madeira.
Noraboa polo voso traballo diario, non só a nivel educativo, informativo, e de creatividade, senon tamén pola parte divulgativa do voso traballo, por ese motivo deixeivos unha sorpresa no meu blog: http://orientacioneducativaytutoria.blogspot.com.es/;
ResponderEliminarEspero que vos guste!!!. Unha forte aperta.
Moitas gracias Susana, e parabéns polo premio. As felicitacións que nos mandas ao Choupín debe levalas Ovidio, impulsor e xerente da nosa revista dixital, á que sigue adicando moito esforzo despois de varios anos mesmo ocupando responsabilidades directivas. Moitos saúdos polo cole!
EliminarGrazas Jose!!!. Deixei o comentario nesta entrada por que non atopei outro lugar onde deixala, dende o mòbil resulta moito màis complicado visualizar a organizaciòn d revista. Asì tamén aproveito para contarvos de que vai isto...dende hai uns anos, e por iniciativas particulares faise un recoñecemento a distintos formatos dixitales, entre os edublogs danse unha serie de "premios simbòlicos" a aqueles blogs, etc...q te gusten, é unha maneira de visualizar o traballo dos compañeiros/-as. Normalmente consisten en pegar a imaxe, e seguir unhas instrucciòn sinxelas q soen ser falar un pouco de blog, ou do teu traballo e seleccionar outros blogs q te parezan interesantes por diferentes motivos, cadaquén os seus...Asì q NORABOA, ao equipo q conforma O Choupìn, podedes pasar a recoller o voso premio a Orientaciòn Educativa y Tutorìa. Unha forte aperta para todos/as.
EliminarMoitas grazas Susana!. Mesmo acabo de falar con Ovidio que está mirando a noticia e porase en contacto contigo mañá para ver qué temos que facer. Iremos encantados a recoller o premio. Un saúdo no cole da nosa parte.
ResponderEliminar