O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 26 de novembro de 2013

Día Internacional contra a violencia de xénero

O alumnado  de primeiro da ESO traballou estas últimas semanas nunha actividade que enlaza dúas importantes campañas que nos últimos anos vimos conmemorando xunto con Ana García, de Axuda en Acción: Pobreza Cero e o 25N. Este feito permitiu reflexións coma que "as desigualdades de xénero son un claro síntoma de pobreza". O alumnado compartiu os seus propios lemas, nos que se manifestaron, por exemplo, a favor dos colectivos que axudan a vítimas de violencia de xénero ou en contra das desigualdades sociais.


Pola súa parte, o alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de comezar unha actividade de "videoforum" sobre violencia de xénero, que nos vindeiros días concluirá a través do skype con Ana en directo.

Outros medios e máis imaxes

Ningún comentario:

Publicar un comentario