Ansemil | Cando o pan sabía a pan é unha pequena mostra dunhas horas
máxicas de gravación que compartimos coa señora Chon e os seus veciños
alá polo outono do 2009. Chovía en Quintela de Edroso cando o Telmo,
Inés e eu chegamos cargados co trípode, a cámara e un foco prestado que
non funcionou. E alí estaba a señora Chon cos seus veciños! Oitenta e
dous anos nun corpo de braciños miúdos que se tornaron pólas de rebolo
cando comezaron a remexer na masa. O milagre do fermento e o lume
fixeron o resto.
Saúde!
Ningún comentario:
Publicar un comentario