Onte asináronse en Ourense os Contratos-Programa 2013-14, en base aos proxectos que os diferentes centros educativos da provincia elaboran para traballar dunha forma máis eficaz a atención á diversidade. Entre outros contratos asinados polo Conselleiro de Educación, Cultura e Deporte, Jesús Vázquez, figuran os dos dous centros vianeses. Francisca Rodríguez (Directora do CEIP Bibei) e Carlos Ferreiro (director do IES Carlos Casares) acodiron a esta reunión en representación dos seus respectivos centros.
Imaxe: http://www.edu.xunta.es/web/node/11545 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario