venres, 17 de xaneiro de 2014

Un lapis e moitas mans

Carlos F. | No día de onte, 16 de xaneiro, o alumnado de 4º da ESO, guiado pola compañeira de Intered Paz Caínzos, organizou unha sesión formativa-divulgativa arredor da campaña Actúa con Coidados.

Preparando a actividade con Paz

Unha escena do lapis colaborativo

Tras unha primeira parte da sesión na que se levou a cabo un xogo grupal, o do "lápis colaborativo", que pretende ensinar como os logros colectivos son máis rendibles que os retos individuais, na segunda parte, entraron na Aula Magna os estudantes de 1º da ESO. Os seus compañeiros de 4º espuxeron unha serie de problemáticas en torno aos coidados, divididos en cinco apartados: violencia de xénero, atención a dependencia, incendios forestais, consumismo e descoido do medio ambiente. Logo de establecer os perxuizos que implicaba cada un deles, iniciouse un debate entre os máis novos acerca de cal lles parecía máis urxente á hora de ser abordado no instituto, e foi elixido de xeito claro o da violencia contra a muller. Polo tanto, sen esquecer o resto dos problemas, esa terá que ser unha vía de traballo prioritaria nas nosas actividades da escola...

O alumnado de 1º de ESO, atento ás intervencións dos compañeiros e compañeiras de 4º de ESO

Ningún comentario:

Publicar un comentario