Na imaxe poden verse os alumnos de 1º ESO A nunha sesión de titoría
adicada á toma de decisións. Mediante un xogo, estase simulando e
experimentado o traballo en grupo e as consecuencias sobre o grupo segundo
cómo se tomen as decisións.
mércores, 26 de febreiro de 2014
luns, 24 de febreiro de 2014
Convocado o V Certame de Conto Matemático
O Departamento de Matemáticas do noso IES vén de facer pública a convocatoria para a quinta edición do Certame de Conto Matemático IES Carlos Casares. O alumnado do IES pode participar enviando historias baseadas nalgún concepto matemático. Premendo na seguinte imaxe podes consultar as bases da convocatoria.
Clic sobre a imaxe para ampliar |
venres, 21 de febreiro de 2014
A viaxe de Ana
Carlos F. | Enmarcada no Proxecto Cooperación Galega: O mundo que queremos,
do Plan Proxecta da Consellería de Educación, tivo lugar hoxe a
representación da obra teatral do grupo coruñés Teatro da Oprimida, A viaxe de Ana,
que a través da personaxe dunha licenciada universitaria peruana que
busca un futuro mellor en España, plantexa temáticas como a xenofobia, a
discriminación da muller no traballo ou o acoso sexual.
A dinámica do
Teatro da Oprimida, que nace no Brasil e está vencellada a pedagoxía de
Paulo Freire, busca que o espectador reflexione públicamente sobre os
temas de cada obra, ofreza alternativas e mesmo as plasme como actor
improvisado no escenario. O alumnado de 1º e 2º de ESO converteuse en
aprendiz aventaxado deste sistema, e tanto María Alonso, como Carlos
Cabanas ou Aarón Diéguez pisaron as táboas con gran soltura.
Posiblemente as compañeiras actrices que nos visitaron hoxe voltarán en
non moito tempo por Viana para mostrarnos
algunha das súas novas montaxes.
Por un aproveitamento sostible dos nosos recursos
Hoxe 21 de febreiro tivo lugar a primeira actividade dun
programa educativo programado para varios anos impulsado polo membro das
BRIF (Brigadas de Refuerzo de Incendios Forestales) Luis Llanos,
pertencente ao EPRIF do distrito 14 (Viana e Verín -observar o
gráfico-). Os coordinadores do programa no instituto son Ovidio Villar e
José María Pérez.
Esta primeira actividade
introductoria, precedida dun traballo dos alumnos de 1º da ESO no
Proxecto Interdisciplinar, consistiu nunha toma de contacto.
Tras repasar conceptos e problemas básicos do lume na nosa bisbarra
e anunciar novas actividades neste
curso, Luis mantivo un coloquio cos alumnos máis pequenos do centro e
pediu a súa opinión para aportar ideas de cara ó futuro.
A
nosa intención é constituír un núcleo de alumnado de 1º de ESO que
libremente estea disposto a exercer actuacións preventivas e de
sensibilización no tema dos incendios, extendendo progresivamente esta
dinámica a todo o instituto. Iremos informando das seguintes actividades
deste programa
Actúa con coidados...
Ovidio V. | "Actúa con coidados" é o nome da actual campaña da ONG InteRed, organización coa que levamos anos traballando fundamentalmente na igualdade de xénero entre mulleres e homes. Este ano estase a presentar esta campaña no noso IES a través do grupo de 4º de ESO, quen leva días preparando unha exposición sobre diversas problemáticas sociais e os coidados que requiren: incendios, medio ambiente, sexismo... son algúns destes temas. Esta mañá, o alumnado de 4º de ESO realizou unha marabillosa exposición dos contidos traballados aos seus compañeiros e compañeiras de 2º e 3º de ESO, que atentamente tomaban notas para participar na actividade da maneira máis activa posible.
Citas a cegas...
Ovidio V. | O clube de lectura "O Gato Samuel" proponnos unha cita a cegas na biblioteca. Hai unha morea de libros coas tapas ocultas, que podemos comezar a ler e, de gustarnos, rematalo. E se non nos gusta? Pois podemos probar con outro. Non faltes á túa cita.
xoves, 13 de febreiro de 2014
Estamos no Olloboi 2014!
Dúas curtas producidas no IES Carlos Casares participarán neste certame de vídeo
http://olloboi.com/participantes/
Ilda L. | Veñen de ser seleccionadas para participar na edición 2014 do festival Olloboi as curtas "Camiñante Lipdub" e "Grease vs Thriller". Aquí podedes ver a páxina na que aparecen seleccionadas, e a continuación as dúas producións.
http://olloboi.com/participantes/
venres, 7 de febreiro de 2014
Día da Paz 2014
Ovidio V. | Ollando ao noso arredor, vemos que segue a haber guerras, maltrato, exclusión social... Seguimos
a ter un mundo que adoece dunha das enfermidades máis vellas que poden
existir: a violencia. Sen embargo, hai pequenas accións que poden mover o mundo. Son pequenos xestos que nos fan pensar no que nos rodea, que nos fan ver a realidade doutra forma e que nos fan, en definitiva, ser máis conscientes dos problemas que a sociedade está a ter.
Golosinas con mensaxes de paz durante unha das representacións do Grupo de Teatro Talía (Foto: José F.) |
Un caramelo con mensaxe no envoltorio, un escenario pleno de rapaces e rapazas que se saben facer escoitar sen dar un so berro, o diálogo como ferramenta mediadora en conflitos...
O alumnado do Grupo de Mediación Escolar explicando polas aulas a importancia do diálogo (Foto: José F.) |
En definitiva, a palabra como medio de expresión contra todo tipo de armas e ideas belicistas. Esta é a idea que o noso alumnado comunicou ao mundo dende este pequeno recuncho o pasado 30 de xaneiro.
Nunca nos deixedes de sorprender!
xoves, 6 de febreiro de 2014
V Semana de la Orientación
El 4 de febrero se inauguró la 5ª SEMANA DE LA ORIENTACIÓN en el I.E.S. CARLOS CASARES DE VIANA DO BOLO
Plácido B. | Todos los años se renueva la presentación
de la misma . Este año se ha optado por conferencias que se irán
incrustando en el ámbito escolar en el horario habitual del Centro. En
febrero presentan sus ofertas educativas La Universidad de León y muy
especialmente el Campus de Ponferrada , dada la proximidad a la
localidad.
También se presentará una sesión específica sobre la Carrera
de Administración y dirección de empresas que está siendo solicitada por
numeroso alumnado. En ese caso hará la presentación el Centro vinculado
a NGB. También se estrena en la Semana El Centro superior de Hostelería
de Galicia. Para próximos meses se irá informando de las conferencias
de los distintos centros . Ahora mismo han solicitado participar en esas
Jornadas 7 universidades, públicas y privadas y numerosos centros de
Formación Profesional (Ciclos superiores).
Se organizan desde el Departamento de Orientación del Centro y con participación de todos el profesorado.