Hoxe 21 de febreiro tivo lugar a primeira actividade dun
programa educativo programado para varios anos impulsado polo membro das
BRIF (Brigadas de Refuerzo de Incendios Forestales) Luis Llanos,
pertencente ao EPRIF do distrito 14 (Viana e Verín -observar o
gráfico-). Os coordinadores do programa no instituto son Ovidio Villar e
José María Pérez.
Esta primeira actividade
introductoria, precedida dun traballo dos alumnos de 1º da ESO no
Proxecto Interdisciplinar, consistiu nunha toma de contacto.
Tras repasar conceptos e problemas básicos do lume na nosa bisbarra
e anunciar novas actividades neste
curso, Luis mantivo un coloquio cos alumnos máis pequenos do centro e
pediu a súa opinión para aportar ideas de cara ó futuro.
A
nosa intención é constituír un núcleo de alumnado de 1º de ESO que
libremente estea disposto a exercer actuacións preventivas e de
sensibilización no tema dos incendios, extendendo progresivamente esta
dinámica a todo o instituto. Iremos informando das seguintes actividades
deste programa
Ningún comentario:
Publicar un comentario