O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 21 de febreiro de 2014

Por un aproveitamento sostible dos nosos recursos

Hoxe 21 de febreiro tivo lugar a primeira actividade dun programa educativo programado para varios anos impulsado polo membro das BRIF (Brigadas de Refuerzo de Incendios Forestales) Luis Llanos, pertencente ao EPRIF do distrito 14 (Viana e Verín -observar o gráfico-). Os coordinadores do programa no instituto son Ovidio Villar e José María Pérez.

 
Esta primeira actividade introductoria, precedida dun traballo dos alumnos de 1º da ESO no Proxecto Interdisciplinar, consistiu nunha toma de contacto. Tras repasar conceptos e problemas básicos do lume na nosa bisbarra e anunciar novas actividades neste curso, Luis mantivo un coloquio cos alumnos máis pequenos do centro e pediu a súa opinión para aportar ideas de cara ó futuro.

 
A nosa intención é constituír un núcleo de alumnado de 1º de ESO que libremente estea disposto a exercer actuacións preventivas e de sensibilización no tema dos incendios, extendendo progresivamente esta dinámica a todo o instituto. Iremos informando das seguintes actividades deste programa
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario