Jesús B. | O día 24 de abril tivo lugar unha charla no instituto sobre doazón e
transplantes de órganos. Visitáronnos unha enfermeira e unha paciente
trasplantada de fígado. Á charla asistiron os cursos de 3º ESO e 1º de
BAC.
Na charla tratáronse os diferentes aspectos da doazón de órganos: a
coordinación entre hospitais a través da ONT (Organización Nacional de
Transplantes), o altruísmo da doazón… A paciente trasplantada contounos a
súa experiencia, e o seu agradecemento á persoa (anónima) de quen
recibiu o órgano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario