O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

domingo, 27 de abril de 2014

Salvavidas

Jesús B. | O día 24 de abril tivo lugar unha charla no instituto sobre doazón e transplantes de órganos. Visitáronnos unha enfermeira e unha paciente trasplantada de fígado. Á charla asistiron os cursos de 3º ESO e 1º de BAC.


Na charla tratáronse os diferentes aspectos da doazón de órganos: a coordinación entre hospitais a través da ONT (Organización Nacional de Transplantes), o altruísmo da doazón… A paciente trasplantada contounos a súa experiencia, e o seu agradecemento á persoa (anónima) de quen recibiu o órgano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario