venres, 14 de marzo de 2014

Semana da Prensa

Habitualmente, varios grupos do noso IES traballan unha vez por semana coa prensa. Estase a converter nun hábito consultar o xornal a diario, xa que sempre hai dispoñibles varias copias no corredor principal do centro. Ademais, esta semana o Grupo de Biblioteca organizou unha exposición con xornais de todo o mundo, para a consulta de calquera persoa interesada en coñecer un país determinado a través da súa prensa.

Un grupo de alumnas de 4º de ESO ollan varios xornais internacionais

Ningún comentario:

Publicar un comentario