venres, 13 de xuño de 2014

VII Feira das Ciencias

O. Villar | A VII Feira das Ciencias celebrouse no IES Carlos Casares o pasado 10 de xuño. Coincidindo coa visita do alumnado de 6º de Primaria dos colexios de Viana do Bolo, Vilariño de Conso e A Veiga, e tamén coas celebracións do Día do Ambiente, reuniu interesantes stands sobre ciencia. Organizado polos departamentos de Física e Química e Educación Plástica e Visual, este ano premiouse aos mellores experimentos. Aquí se resume o mellor... (Vídeo: J. Fouz | Galería de imaxes: M. Ulloa)

Ningún comentario:

Publicar un comentario