mércores, 11 de xuño de 2014

Acto de Bacharelato 2014

Ovidio V. | Un ano máis despedimos unha promoción. Un ano máis temos a sensación de que o tempo voa, de que vai con présa de máis.

Nuria e Javier, nun momento do seu discurso (imaxe: Ansemil)

Un ano máis reunímonos para compartir moitas das anécdotas das nosas fillas e fillos no Carlos Casares nestes anos anteriores. Nun sinxelo e emotivo acto, despedimos á promoción de 2º de Bacharelato que neste ano 2014 remata os seus estudos. Palabras sentidas e emocionadas de Ricarda, Nuria, Javier e Montse, que falan de futuro, de boa sorte e de poder contar sempre coa xente que nos quere ben. Moi boa sorte, peques!

Galería completa de imaxes (Ansemil)

2 comentarios:

  1. Noraboa a todos e todas. Moita sorte.
    Luis (Bogotá)

    ResponderEliminar
  2. Noraboa rapaces!!! Foi un pracer darvos clase cando estabades en 2º ESO (como pasa o tempo, dior mío!!). Moitísima sorte!!!!

    Alicia (Santiago)

    ResponderEliminar