Hernán, Jorge, Samuel e Zaira |
Hoxe xoves fomos a ver o Parque Natural de Saja-Besaya. Caracterizado
por ser un bosque mixto caducifolio que ten como árbores principais os
carballos máis abundantes na parte máis baixa e faias (cos seus froitos
chamados “faiuchos”) abundantes nas partes altas. Na zona do río vimos o
bosque de galería composto por abelaira, salgueiros, freixos... Polo
camiño atopamos diferentes especies de musgos, liques (algúns son
bioindicadores de aire limpo), setas, acivros moi desenvolvidos, había
exemplares como árbores nos que as follas máis altas deixaban de ter
pinchos e o seu borde era máis liso. Como é un bosque natural os troncos das árbores mortas non se retiran
porque serven de hábitat e alimento a outros seres vivos (liques,
musgos, escaravello, paxaros carpinteiros...).
Vimos tamén un lugar onde os
xabaríns se dan baños de barro e os troncos das árbores onde logo se
rascaban para desparasitarse (estaban cheos de barro).
Ao final da subida a pleno sol chegamos aos restos dun pobo abandonado chamado Rozas. Xa na baixada que fixemos un pouco máis rápido algúns estivemos aprendendo a imitar o son dos paxaros coas mans. Pola tarde, tivemos dous talleres: Environmental Impact e unha simulación sobre un posible proxecto de construción dun campo de golf en parte dos terreos do Parque Natural das Dunas de Liencres que fomos a ver onte.

No taller de inglés analizamos as
accións do home causantes de impactos e os tipos de impacto segundo a
consecuencia (positive or negative) e segundo o alcance (local, regional
and global), cunha presentación. Logo por parellas contestamos nos
ordenadores unha preguntas e despois todos expuxemos diante do grupo
vestidos con chaquetas e fulares mentres nos gravaban (os vídeos están
colgados no blog do CEAm (http://ceamcantabria.blogspot.com.es/). No taller de simulación dividíronnos en 4 grupos: construtores,
políticos, habitantes da zona e ecoloxistas. Cada un defendeu a súa
opinión con argumentos a favor e en contra sobre a construción do campo
de golf e logo votamos. Saiu que non. O día rematou coa festa onde
primeiro Carlos fixo un monólogo e logo bailamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario