Ovidio V. | Onte o noso centro participou, en Santiago de Compostela, no II Encontro da Rede de Centros Escolares Solidarios, programa enmarcado no Plan Proxecta e cuio máximo expoñente é a acción do voluntariado a través dos centros educativos. O IES Carlos Casares, como entidade de voluntariado que é, promove neste intre diferentes eidos de axuda e cooperación entre todos os membros da comunidade educativa, especialmente entre o alumnado. Algúns deles son Voluntariado de Biblioteca Escolar, TIC e Aulas Ecolóxicas, Equipo de Mediación Escolar, Voluntariado para Eventos Deportivos e para a Cooperación Internacional a través do Proxecto Viana-Bermejo.
|
Alumnado voluntario do IES Carlos Casares a caróndo seu stand |
|
Detalle do stand |
A xornada foi inaugurada pola Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen posteriormente adicou uns intres a analizar a realidade dos centros nunha conversa máis informal co profesorado. Logo houbo tempo para coñecer a fondo os diferentes traballos levados a cabo por todos os centros participantes, tanto no curso pasado, co visionado de micromovies ou spots, coma neste curso, grazas á interacción entre alumnado e profesorado procedentes dos distintos puntos da xeografía galega.
|
Borja, durante a presentación do spot "Faite voluntario, é un agasallo" |
Aproveitando a ocasión, presentouse tamén o logotipo da rede, e mesmo se comezaron a planificar algunhas accións a levar a cabo nos centros durante o mes de decembro. A xornada rematou cun exitoso worldcafe para o profesorado e un mercado de troco de obxectos entre rapaces e rapazas participantes.
|
Sergio, do Equipo de Comunicación do encontro, durante a clausura do mesmo |
Ningún comentario:
Publicar un comentario