O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

mércores, 17 de decembro de 2014

Congreso en Madrid

O IES Carlos Casares, por medio do seu director, Carlos Ferreiro, estivo representado o 15 e 16 deste mes en Madrid, na Comisión de Planificación da Rede "Docentes para el Desarrollo", que se celebrou na Agencia Española de Cooperación Internacional Para el Desarrollo.


O objectivo básico era organizar durante o 2015 o V Encontro nacional de docentes en educación para o desenvolvemento e, por parte do noso centro, aportamos a idea da necesidade de reflectir a educación para o desenvolvemento, a solidariedade e a cooperación dentro das señas de identidade dos centros, especialmente de institutos como o IES Carlos Casares, onde esa prioridade leva tempo a ser traballada. Introducir tarefas que implican atención ás desigualdades de todo tipo debe ser un desafío que vaia dende o PEC ás programacións de Departamento, ate e sobre todo, ás programacións de aula, para que o alumnado asuma unha forma de aprender reflexiva, crítica e solidaria. Foi de novo un placer reunirnos cos nosos compañeiros e compañeiras premiados das diferentes edicións do "Premio Vicente Ferrer de Educación para el Desarrollo". Grazas a tod@s.


Ningún comentario:

Publicar un comentario