M. Ulloa, E. López | O 7 de abril celebrouse o Día Mundial da Saúde para conmemorar a data na que se fundou a OMS (Organización Mundial da Saúde).
Dende o departamento de Bioloxía queremos coñecer como estamos de saúde
no IES Carlos Casares, e para iso propoñemos determinar o IMC (índice de
masa corporal) e a presión arterial da comunidade educativa, así que
desde o martes e durante toda a semana no tempo dos recreos voluntarios
tomarán os datos e logo farase un estudo estatístico.
Lembra que está aberto a todas e todos e é voluntario e confidencial!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario