Eu voto pola educación, e ti?
O. Villar | Baixo este lema se presentou o acto central da CME-SAME 2015 o pasado mes de abril en Santiago de Compostela. Nun moi ben organizado acto, celebrado no Teatro Principal compostelán, unha vez máis nenos e nenas foron protagonistas dunha xornada en favor dunha educación para todas e todos.
Cada un dos centros participantes traballou un aspecto determinado. Dende o IES Carlos Casares de Viana do Bolo defendemos a integración no mundo da educación da lingua e cultura propias, escenificando un pequeno episodio da obra Made in Galiza, de Sechu Sende. O grupo participante, integrado por alumnado de 1º de ESO, a Coordinadora de Normalización Lingïística e o Vicedirector do centro, desfrutou dunha xornada festiva que deu, ademais, para unha visita á Compostela histórica e ao Museo do Pobo Galego.
Outra das actividades previstas para este curso foi a presentación do vídeo oficial da campaña de 2015, no que participou o noso alumno Iago e os seus avós, e que podedes ver a continuación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario