O Director do IES Carlos Casares, Carlos Ferreiro, e
o Rector do CCEE Reyes Católicos de Bogotá (Colombia), impartiron o
pasado mércores 2 de setembro na Universidad Católica de Colombia, na
sede de Bogotá e o luns 7 de setembro na sede da Cooperación Española de
Cartagena de Indias, sendas charlas de formación sobre Mediación
Escolar, convidados por varias institucións do país andino, como son as
citadas, ademáis da UNESCO, da Universidad de Cartagena de Indias, a
Fundación Universitaria da Área Andina e a Embajada de España. Esas
sesións foron adicadas a alumnado universitario de postgrado, no caso de
Bogotá, e a profesorado e directivos e asesores de Primaria e
Secundaria na sede caribeña de Cartagena.
Esta actividade
impártese de xeito altruista e voluntario por parte do noso centro, e
estas II Xornadas son continuación das que a nosa secretaria Susana
Fernández ditou en maio tamén en Colombia.
A nosa actividade en Colombia
rematará coa celebración os días 10 e 11 de setembro dun curso de
mediadores para alumnado dunha área desfavorecida de Bogotá, patrocinada
pola Fundación Amiguitos Royal, que tratará de suxerir métodos de
diálogo e resolución pacífica de conflictos nun entorno marcado en
moitas ocasións pola violencia social e económica.
Esta a
ser pois, unha presenza activa e destacada do noso centro en Colombia,
cunha representación que pode ter visos de continuidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario