luns, 14 de setembro de 2015

II Xornadas de Mediación en Bogotá

Os  días 10 e 11 de setembro, Carlos Ferreiro, como director e representante do IES Carlos Casares, impartiu en Bogotá as II Xornadas de Mediación Xesús R. Jares, acompañado polos profesores María Sánchez e Rubén Pajares, do CCEE Reyes Católicos da capital colombiana.


Para o noso centro foi unha honra estar representados neste curso e ter a ocasión de levar á Mediación a alumnado dos colexios públicos bogotanos Divino Maestro, Agustín Fernández e Unión Colombia, que se atopan enclavados nunha área moi desfavorecida da zona norte da cidade.


Merece especial mención, o feito de que as sesións se impartiron na Fundación Amiguitos Royal, unha entidade que coida e protexe a nais embarazadas e menores en risco de desnutrición. Na Fundación puidemos ver como un grupo de profesionais, dirixidos por María del Pilar Gómez, adicaban as mellores atencións, sorrisos e coidados a estes rapaces.


Non quero pasar sen agradecer a Pilar o trato exquisito e agarimoso, e a Luis Fernández, Rector do Reyes Católicos, o noso querido Luis, a ocasión de afrontar esta fermosa tarefa xunto a escolas que deben previr situacións de desamparo e violencia por situacións económicas inxustas e dramáticas. Foi para min, para os que alí estivemos unha experiencia vital impresionante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario