martes, 15 de setembro de 2015

Premio de Fotografía Matemática

O pasado 9 de setembro, no CCEE Retes Católicos de Bogotá, o noso director, Carlos Ferreiro, entregou, en presenza do Rector Luis Fernández e do Xefe de Dpto. de Matemáticas do centro hispano-colombiano, o lalinense Xosé María Facal, o Premio Especial do Público do XI Concurso Internacional de Fotografía Matemática, convocado polo IES Carlos Casares.


O galardón recaiu no alumno de 2º de Bacharelato Martín Rodrigo González Walter, co traballo titulado "La parábola tranquila". O auditorio contou coa presenza do profesorado do centro e do alumnado de máis idade, e ambos directores salientaron a importancia da difusión e participación nos concursos e eventos culturais a nivel internacional. Na vindeira edición e moi probable que participe tamén o Colegio Distrital de Usaquén-Instituto Pedagógico Nacional, escola de carácter público veciña ao Reyes Católicos.

Este acto coroa unha intensa semana de eventos culturais comúns, que onte incluiu a presentación da novela histórica de Javier Moro, A flor de piel, que narra a epopeia da expedición que a principios do século XIX introduciu en Hispanoamérica a obra vacina da viruela, a través dun grupo de nenos orfos procedentes de Madrid e A Coruña, coidados e guiados por unha galega, Isabel Zendal. Esta obra trataremos de traballala este ano no centro nunha actividade interdisciplinar de LIteratura Castelá e Bioloxía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario