Paremos o maltrato denunciemos a violencia de xénero!
Irene D. | O día 29 de xaneiro os alumnos de 1°, 2° e 3° da ESO
tiveron polo Plan Proxecta "Por 365 días de respeto e igualdade" unha
charla con Pilar Díaz na que abordaron de novo o tema da violencia de
xénero a todos os niveis.
Pilar traballa no Centro de recuperación de víctimas de violencia de
xénero de Santiago de Compostela e quixo compartir cos rapaces a súa
experiencia diaria no ámbito das mulleres maltratadas. Comentáronse as causas, os diferentes casos de vidas anuladas polo
maltrato, os indicios que levan a detectar estas circunstancias e as
medidas legais a tomar ante situacións que se dan día a día.
Grazas, Pilar, polo teu esforzo e por compartir con nós parte do teu tempo.
Grazas, Pilar, polo teu esforzo e por compartir con nós parte do teu tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario