Cosme, Guille e Raquel. Finalmente o sábado tocou a canción a
mesma hora de sempre, para algúns o despertar foi máis duro, fixemos a
cama para os futuros ocupantes e almorzamos.
Despois de despedírnonos dos nosos novos amigos e compañeiros madrileños
e facernos unha foto grupal para o recordo, cargamos as maletas no bus e
emprendimos a longa viaxe de once horas que nos esperaba ata Viana. En
Burgos paramos para comer e coñecer un pouco do centro da cidade.
Chegamos a Viana ás nove da noite a reunirnos cos nosos familiares despois dunha semana afastados.
Búbal, ...unha gran experiencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario