Hoxe é o ultimo día de tajos en Búbal, segundo os nosos profesores
fixemos un bó traballo durante estas mañás de duros traballos
(xardinería, leña, animais, valados, comedor...). Logo Carmen púxonos
nota ao noso comportamento e aproveitamento da estancia e déronnos boa
nota, e nós tamén fixemos comentarios sobre o que máis nos gustou, o que
cambiariamos,...
Xa pola tarde rematamos o noso proxecto de centro sacando conclusións en
grupos e deseñando unhas cartulinas sobre as nosas vivencias neste
paraxe a carón dos Pirineos que colocaremos nos corredores do instituto
cando lle engadamos algunhas fotos. Antes de tomar a merenda lles
contamos algo máis aos nosos compañeiros madrileños sobre os nosos
concellos, o Entroido, …
Ao final da tarde tocou escribir dedicatorias nuns petos a compañeiros e profes e que nos quedarán como recordo desta semana. Despois da cea tiñamos festa na igrexa, ainda que non foi moi animada,
ata que tocou marchar á cama porque mañá espéranos unha longa viaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario