O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 17 de xaneiro de 2017

Preparando o Entroido

Hoxe un grupo de rapazas e rapaces do noso instituto achegáronse ao castelo de Viana para facer soar os bombos, as aixadas e as gadañas. O obxectivo, promocionar o entroido da comarca a través do fulión e os boteiros, veráse conseguido cando este evento, recollido para RTVE, sexa emitido proximamente no programa "Aquí la Tierra".


Jorge Domínguez Couso, responsable da asociación "Fulións Rurais" de Viana do Bolo e membro da Comisión do Entroido 2017 agradeceu ao noso alumnado a súa participación, ao tempo que os animaba a pensar que "sodes o piar das nosas tradicións, tratádeas con sentimento e cariño porque a esencia da nosa cultura é conservala como nos aprenderon os nosos ancestros".


Ningún comentario:

Publicar un comentario