Este fin de semana do 10 ao 12 de marzo tuvo lugar na Casa Árabe de
Madrid, a caron do Retiro, un Encontro de Traballo de 15 docentes de
toda España, entre eles, o noso director, Carlos Ferreiro, que levan a
cabo a elaboración dun proxecto didáctico en soporte cómic sobre os 17
Obxectivos de Desenvolvemento 2030.
Asi, o IES Carlos Casares estivo
representado no grupo de expertos de Ámbito Sociolinguistico. Foi unha
fin de semana tremendamente productiva, e na que hai que agradecer a
AECID a inspiración que produce estar aloxados na Residencia de
Estudiantes, onde aquellas mulleres e homes que constituiron a Xeracion
do 27 fixeron historia. Estamos xa ansiosos por ver o producto final e
traballalo co alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario