O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 6 de maio de 2011

Sabemos consumir?

Carlos Ferreiro, Viana do Bolo. Este xoves 5 de maio visitaron o noso centro dúas técnicas da Escola Galega de Consumo, Patricia e Iria, que impartiron tres obradoiros sobre temas de concienciación sobre os dereitos do consumidor. En primeiro lugar celebrouse o obradoiro "O tempo de ocio", para alumnado de 1º e 2º de ESO. Maís tarde foi o turno de 3º de ESO que recibiu nocións de "Linguaxe publicitaria". Xa en sesión de tarde, profesorado do entorno vianés, familias e alumnado de Ciclo Formativo, asistimos ao obradoiro "Que son os alimentos de moda?"


Dende este blog agradecemos a colaboración e o esforzo da Escola Galega de Consumo, que tivo a deferencia de desprazarse ao noso centro, nunhas datas cheas de traballo, e xusto 24 horas despois de termos recollido na Consellería da Presidencia en Santiago o I Premio ás mellores Memorias de centros da Rede de Educación para o Consumo 2009-2010. Gracias, polo tanto, a todos os compañeiros e compañeiras membros da Rede.

Ningún comentario:

Publicar un comentario