Neste pasado venres, 14 de decembro, o noso centro cobrou protagonismo
en Santiago de Compostela, ao sermos convidados a trasmitir a uns 120
asistentes, a maior parte deles profesorado e estudantes de Ciencias da
Educación, a nosa experiencia de máis de dez anos en Convivencia
escolar e, especialmente, a noción de "vacina intercultural" e o
traballo de cooperación ao desenvolvemento cos nosos compañeiros e
compañeiras de Bermejo-Bolivia.
Coordinador e ponentes do VI Seminario Nacional de Atención ao Alumnado Inmigrante |
O director, Carlos Ferreiro, en representación de toda a comunidade
educativa, participou no VI Seminario Nacional de Atención Educativa ao
Alumnado Inmigrante. Carlos quixo incidirna importancia de que valores
como a igualdade, a solidariedade, o respecto á diversidade cultural,
deben plantexarse como unha experiencia vivencial e non como un discurso
académico, máis aínda nunha época de crise na que as veces se cuestiona
a necesidade de cooperar.
Mediación, voluntariado e irmanamento con Bolivia son e teñen que ser xanelas abertas ao mundo que nos lembren constantemente a idea da escola como unha prolongación da sociedade real, co obxectivo de construir mulleres e homes críticos, comprometidos coa súa contorna natural, social e humana.
Os participantes na mesa redonda rematamos tamén por facer unha defensa a prol da educación integradora, multicultural, fronte a certas visións educativas que pretenden marxinar ou xerarquizar realidades culturais ou lingüísticas, ou que buscan valorizar a escola en función exclusivamente de resultados académicos ou rendemento económico. Neste sentido, saímos coa sensación de que a comunidade do IES Carlos Casares camiña pola senda axeitada: a senda da convivencia.
(Máis información en http://www.edu.xunta.es/web/node/7787)

Ningún comentario:
Publicar un comentario