Ovidio V., Pablo C. | O pasado 24 de febreiro tivo lugar no salón de actos do IES Carlos Casares unha nova xornada de clases sen fume, na que o alumnado participante demostrou que realmente está comprometido co programa ao someterse a unha proba "de fume". En dita proba, Pilar Trabazo, que xa nos visitara anteriormente noutras actividades similares, analizou os niveis de monóxido de carbono do alumnado participante no proxecto "Clases sen fume". De feito, "non fumar" é o compromiso adquirido, e de momento cumprido, por parte do noso alumnado.
Unha alumna de 1º ESO realiza a proba de análise de CO |
Ningún comentario:
Publicar un comentario