O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 25 de abril de 2013

I Congreso Re-Acción

O grupo de 4º A do noso IES participou o pasado día 23 nun congreso científico en Santa Cruz (Oleiros, A Coruña). Nun marco incomparable, o Castelo de Santa Cruz, sé da entidade organizadora (CEIDA), dito grupo amosou o seu traballo "Coida o que tes" ante máis dun centear de persoas, fundamentalmente alumnado e profesorado doutros centros participantes.


O proxecto elaborado polo PDC de cuarto contempla o coidado do material e a xestión de resíduos no noso centro na bisbarra. É fundamentalmente un proxecto de divulgación, e para a súa execución leváronse a cabo actividades como o reconto de contenedores da zona, charlas noutros centros educativos próximos, elaboración de papeleiras específicas ou deseño de carteis e pegatinas animando a separar para reciclar.


O grupo, ademais de estar acompañado por compañeiras e compañeiros de 3º de ESO do Carlos Casares, contou coa presenza, cariño e apoio de Amalia Álvarez, Delegada de InteRed Galicia, e persoa benquerida pola nosa comunidade.




Ningún comentario:

Publicar un comentario