No marco do XXVII Encontro Galego-Portugués de Educadores pola Paz, tivo
lugar este domingo 28 de abril en Viana do Bolo, unha homenaxe a Xesús
R. Jares, vianés referente a nivel internacional dos movementos de
renovación pedagóxica e de Educación para a Paz, falecido en 2008.
O acto consistiu na colocación dunha placa na súa casa natal, que lembra o seu traballo a prol da Educación e en defensa da Paz, e foi descuberta pola mestra vianesa Beatriz Santos. Esta lembranza supuxo o peche das xornadas, xunto coa solta da Pomba, desde a Praza Maior, que, de xeito habitual, se ven a facer nos Encontros anuais desta organización.
A miña gratitude e agarimo pola vosa acollida.
ResponderEliminarParabens polo voso traballo!
Marina Villamarin